— Ayudas a acciones silvícolas. Hasta 19 febrero.

— Ayudas a acciones silvícolas. Hasta 19 febrero.

Agaca
Por Agaca enero 12, 2018 10:29

Información de la ayuda

Activa

 

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación”(formato PDF, gallego) y la Orden completa en español en el enlace “Web”

— ORDE do 12 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018. Consellería do Medio Rural. DOG Nº 5, (08/01/2018)

 

OBXECTO

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, en réxime de concorrencia competitiva, a través de dúas liñas de axuda.

2. As dúas liñas de axuda obxecto de subvención, que se corresponden co procedemento MR605A, son as seguintes:

    a) Liña I: axudas para realizar tratamentos silvícolas prácticas preventivas, de carácter local e a pequena escala, que permitan crear descontinuidades verticais e horizontais da cuberta vexetal e o control selectivo de combustible, como son rozas, desmestas, rareos e podas) coa finalidade de prevención de incendios.

    b)Liña II: axudas para realizar tratamentos silvícolas (rareos, desmestas, podas, cortas de formación, rozas, etc.) e plantacións puntuais de determinadas árbores, directamente vinculadas ao incremento dos valores ecolóxicos dos bosques que non teñan carácter produtivo.

ÁMBITO DE APLICACIÓN

O disposto nesta orde será de aplicación para todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, con exclusión:

    a) Dos bosques ou outras superficies forestais que sexan propiedade da Administración central ou autonómica.
    b) Dos bosques e outras superficies forestais propiedade da Coroa.
    c) Dos bosques que pertenzan a empresas públicas.
    d) Dos bosques propiedade de persoas xurídicas, cando polo menos o 50 % do seu capital pertenza a algunha das institucións anteriormente citadas.

BENEFICIARIOS

1. Os beneficiarios serán persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores; non se admite a cesión por parte do propietario do terreo a un terceiro.

2. Das axudas previstas nesta orde serán beneficiarios as sociedades de fomento forestal (Sofor), os propietarios particulares de forma individual, as asociacións e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os pro indivisos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, as entidades locais, outras persoas xurídicas e as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC), que cumpran o establecido no punto 1.

INTENSIDADE DA AXUDA

A intensidade da axuda para estas actuacións será do 100 %, calculándose a axuda sobre o custo real do investimento determinado no correspondente proxecto técnico e tendo en conta o anexo VIII en que figura o cadro de importes máximos subvencionables por cada tipo de actuación.

ACTUACIÓNS OBXECTO DA AXUDA

1. Os tipos de actuacións subvencionables son os seguintes:

a) Liña I (axudas para realización de tratamentos silvícolas preventivos de incendios forestais):

1º. Rareos en masas estables de coníferas con diámetro normal medio da masa antes da actuación inferior a 15 cm e cunha densidade inicial de 2.000 pés/ha ou superior:

  • Rareos en masas de coníferas con diámetro normal medio da masa antes da actuación inferior a 15 cm, acadando unha densidade final entre 800 e 1.200 pés/ha. No caso das masas de Pinus sylvestris L., as densidades máximas desta epígrafe poderanse incrementar nun 20 %.
  • Trituración dos restos, picadura ou extracción para o seu aproveitamento como biomasa; porén, non se poderá solicitar a trituración dos restos, a picadura nin a extracción para o seu aproveitamento como biomasa no caso de que o rareo se realice totalmente de forma sistemática e mecanizada, salvo que os restos que se obteñan despois do tratamento permitan o seu aproveitamento como biomasa.

2º. Rozas previas ás podas e podas en masas de coníferas, dirixidas á creación de descontinuidade tanto horizontal como vertical en masas de coníferas:

  • Roza: despois do tratamento, a totalidade da superficie de actuación deberá estar rozada e a altura do mato despois da roza non pode superar os 10 cm de altura.
  • Podas en masas de coníferas, ata unha altura mínima de 2 metros e máxima 4 metros e cunha densidade final máxima da masa despois de realizar os traballos de 1.200 pés/ha. Esta actuación é compatible con podas naturais e podas realizadas con anterioridade en masas onde se tivese realizado un realce co obxectivo de guiar o desenvolvemento normal da árbore e limitada aos primeiros verticilos. No caso das masas de Pinus sylvestris L., as densidades máximas desta epígrafe poderanse incrementar nun 20 %.
  • Trituración de restos de poda, picadura ou extracción para o seu aproveitamento como biomasa.
  • Dentro desta epígrafe terá que solicitarse obrigatoriamente a poda, e poderanse solicitar sobre a mesma superficie as rozas previas á realización de podas.

b) Liña II (axudas para tratamentos silvícolas —rareos, desmestas, podas, cortas de formación, rozas, etc.— e plantacións puntuais de determinadas árbores, directamente vinculados ao incremento dos valores ecolóxicos dos bosques). Ao ser esta liña de axudas unha medida con obxectivos ambientais e non produtivos, as actuacións elixibles que se detallan a continuación non conducirán a un aumento significativo no valor ou rendibilidade da explotación forestal:

1º. Tratamentos silvícolas en masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras con diámetro normal medio da masa inferior aos 20 cm, considerando como tales aquelas cun mínimo dun 80 % de superficie ocupada por frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras, e cunha densidade mínima destas de 400 pés/ha e altura media superior a 1,5 m:

  • Roza.
  • Formación de guías en que se manifeste nitidamente a dominancia apical e/ou poda ata 1/3 da altura como mínimo.
  • Selección de abrochos.
  • Rareos.
  • Dentro desta epígrafe poderanse solicitar e acumularse as súas accións sobre unha mesma superficie sempre que o importe por hectárea non supere os 2.212 €.

2º. Rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiros cunha densidade mínima de 100 pés/ha:

  • Rozas.
  • Podas.
  • Tratamentos fitosanitarios para a conservación e mellora dos soutos.
  • Aumento da densidade dos soutos mediante a plantación de castiñeiro resistente á tinta.
  • Dentro deste punto, poderán solicitarse e acumularse diferentes actuacións sobre unha mesma superficie sempre que o importe por hectárea non supere os 1.544 €.

2. As actuacións indicadas nas liñas I e II non poderán obter axuda sobre unha mesma superficie.

3. Poderanse subvencionar os honorarios de redacción de proxecto, logo de solicitude, segundo o tope por hectárea indicado no anexo VIII de traballos, e só naqueles casos onde é obrigatoria a súa presentación.

4. Non serán elixibles as mesmas actuacións realizadas en superficies sobre as cales se concedeu subvención de calquera destas dúas liñas de axuda nos 5 anos anteriores a esta convocatoria, agás no caso de traballos de control selectivo do combustible (MR651A), que se limitará aos 3 anos anteriores. O computo deses anos farase con respecto ao ano de concesión da axuda (concesión de axuda no ano 2013, no caso de 5 anos; e concesión de axuda no ano 2015 no caso de 3 anos).

20180111_ax_acciones_silvicolas

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes remata o 19 de febreiro de 2018.