— Ayuda FEADER: adquisición maquinaria y equipos actividades no agrícolas. Hasta 28 febrero.

Agaca
Por Agaca enero 29, 2019 15:29

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

 

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Resolución en “Documentación” (formato PDF) y la Resolución completa en español en el enlace “Web”

— RESOLUCIÓN do 13 de diciembre de 2018 por la que se aprueban las bases reguladoras de las subvenciones para proyectos de adquisición de maquinaria y equipamiento en actividades no agrícolas, cofinanciadas con el Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural en el marco del Programa de desarrollo rural (PDR) de Galicia 2014-2020, y se anuncia la convocatoria para el año 2019. AGADER. (DOG Nº 19, 28/01/2018)

OBJETO

O obxecto destas bases reguladoras é establecer o réxime das axudas que xestiona a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) no marco da medida 6.4 do PDR de Galicia 2014-2020, destinadas a mellorar, ampliar e/ou modernizar as empresas existentes que desenvolven actividades non agrícolas en zonas rurais, mediante o apoio á adquisición de equipamentos produtivos e a execución de obras necesarias para a súa instalación, co fin de reforzar o tecido empresarial no territorio rural galego e mellorar a súa competitividade, inducir á xeración de novos empregos, consolidar os existentes e, en última instancia, dinamizar a economía dos territorios rurais.

PERSONAS BENEFICIARIAS

1. Poderán ser persoas beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro destas bases reguladoras, sempre que cumpran os demais requisitos previstos nelas:

a) As microempresas e as pequenas empresas situadas en zonas rurais e constituídas con anterioridade ao 1 de setembro de 2018.
b) Persoas físicas que residan nunha zona rural.
As persoas solicitantes deberán estar suxeitas ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos con anterioridade ao 1 de setembro de 2018.
Para estes efectos, considerarase zona rural o territorio elixible segundo o previsto no artigo 3.2.b) destas bases reguladoras.
c) Titulares dunha explotación agraria, ou membros da súa unidade familiar, que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.

No caso de persoas físicas, deberán estar suxeitas ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos con anterioridade ao 1 de setembro de 2018.

No caso de persoas xurídicas, deberán estar constituídas antes da citada data.

A explotación agraria deberá estar inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) e ter a cualificación de explotación agraria prioritaria no momento da solicitude da axuda.

Para estes efectos, considerarase que forman parte da unidade familiar dunha explotación os familiares da persoa titular ata o terceiro grao de consanguinidade ou afinidade que estean empadroados no domicilio familiar vinculado á explotación.

 

PROYECTO SUBVENCIONABLES

1. Nos termos desta resolución, serán subvencionables os proxectos destinados á ampliación e/ou modernización de pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias nos seguintes sectores e ámbitos de actividade:

a) Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.
b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de funcionamento da Unión Europea (TFUE). Non obstante o anterior, para este sector de actividade excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible superior a 60.000 €.
c) Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos de maquinaria agrícola e forestal e das empresas de servizos enerxéticos.
d) Prestación de servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas-escola…).
e) Actividades de ocio, recreativas e deportivas.
f) Artesanía e actividades artesanais.
g) Actividades baseadas na innovación tecnolóxica e no comercio electrónico.
h) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.
i) Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.

2.Todos os proxectos subvencionables deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • As persoas solicitantes poderán presentar como máximo un proxecto ao abeiro desta convocatoria.
  • Quedarán excluídos aqueles proxectos que presenten un orzamento elixible inferior a 10.000 € e/ou superior a 220.000 €.
  • No caso de proxectos promovidos no sector da artesanía, os límites anteriores quedan establecidos en 5.000 € e 100.000 € respectivamente.

 

INVERSIONES SUBVENCIONABLES

1. Con carácter xeral, será subvencionable a compra de maquinaria e equipamentos novos afectos á actividade empresarial, e que sexan necesarios para o desenvolvemento da actividade produtiva da empresa.

a) Unidades de investimento cuxa base impoñible sexa igual ou inferior a 1.000 €.
b) Material funxible en xeral.
c) Envases e embalaxes, aínda cando sexan reutilizables.
d) A reposición ou simple substitución de equipamento e maquinaria, salvo que a nova adquisición corresponda a equipamentos ou maquinaria distintos dos anteriores, ben pola tecnoloxía utilizada ou polo seu rendemento ou eficiencia ambiental, que deberá xustificarse na memoria-resumo do proxecto (anexo III).
e) Equipos de calefacción, climatización e ventilación, así como as instalacións que comporten.
f) Traídas e acometidas de servizos.
g) Adquisición de maquinaria, equipamento e materiais de segunda man
h) Adquisición de maquinaria e equipamento destinada ao aluguer.
i) Equipos informáticos de oficina e licenzas informáticas en sistemas operativos e aplicacións
de ofimática.
j) Deseño e/ou actualización de páxinas web.
k) A compra de vehículos de transporte exterior, de vehículos especiais agrícolas e de obras, e a súa adecuación.
l) Mobiliario, instalacións, útiles e ferramentas.
m) Investimentos non axustados no seu dimensionamento e capacidade ás actividades que vai desenvolver a empresa a curto prazo, ou ben dun importe unitario superior ao básico do mercado para unidades ou elementos de igual capacidade.
n) Investimentos non relacionados directamente coas actividades desenvolvidas polo solicitante.
o) Os gastos de aluguer de instalacións e equipos, nin os investimentos financiados mediante arrendamento financeiro (leasing).
p) A man de obra propia e os materiais de igual procedencia.
q) As taxas por licenzas administrativas.
r) O imposto de valor engadido (IVE) e calquera outro imposto, agás que non sexa recuperable pola persoa beneficiaria.
s) Os gastos financeiros producidos como consecuencia do investimento.
t) Os xuros debedores.
u) Os conceptos do orzamento sen desagregar tales como «outros».
v) Os investimentos realizados con carácter previo á presentación da solicitude da axuda.

 

INTENSIDAD DE LA AYUDA

A axuda será do 45 % dos gastos subvencionables.

As axudas concedidas ao abeiro desta resolución están amparadas no Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013 (DO L 352, do 24 de decembro) referente á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

De acordo co artigo 3 desa norma, o importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá os 200.000 € durante calquera período de tres exercicios fiscais.

PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes remata o 28 de febreiro de 2019.