— Ayuda a creación GOIs innovación y sostenibilidad (hasta 9 febrero)

Agaca
Por Agaca enero 11, 2017 14:59

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

 

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen da Orde en “Documentación”(formato PDF) y la Orde completa en español en el enlace “Web”

— ORDE do 27 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para a creación de grupos operativos de innovación da Asociación Europea de Innovación en materia de produtividade e sustentabilidade agrícola, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2017. Consellería do Medio Rural DOG Nº 5 (09/01/2017)

OBXECTO
1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das subvencións para o apoio á creación de grupos operativos (GO) da Asociación Europea de Innovación conforme o artigo 35.1.c) e os artigos 56 e 57 do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda para o desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

2. Así mesmo, convocar para o ano 2017 as axudas a iniciativa de creación de grupos operativos para gastos destinados á definición, elaboración e busca de socios para proxectos innovadores, de acordo coas bases reguladores sinaladas no punto anterior.

BENEFICIARIOS DAS AXUDAS

1. Poderán acceder á condición de beneficiario das subvencións as persoas físicas ou xurídicas tales como: agricultores, gandeiros, silvicultores e as organizacións representativas destes; investigadores, persoas que desenvolvan por conta propia a súa actividade no eido do medio rural; empresas do sector agrícola, gandeiro ou forestal e as súas organizacións representativas; cooperativas agrarias e as súas asociacións e outras entidades que demostren intereses no fomento da competitividade da agricultura, na sostibilidade dos recursos naturais e do clima ou desenvolvemento das economías e comunidades rurais.

2. O solicitante presentará a solicitude de axuda para a definición, elaboración e busca de socios co fin da constitución dun grupo operativo para a elaboración dun proxecto innovador en materia de sostibilidade e produtividade agrícola no marco da Asociación Europea de Innovación (AEI) .

3. Solo serán elixibles aquelas solicitudes de carácter autonómico que presenten un proxecto a desenvolver na Comunidade Autónoma de Galicia destinado a resolver un problema existente no sector agrario, forestal ou agroalimentario galego.

DEFINICIÓNS

  1. Asociación Europea de Innovación (AEI): é o marco onde atopan acomodo as iniciativas de innovación en materia de sostibilidade e produtividade agraria. A estrutura instrumental da AEI articúlase arredor da rede europea que fai posible a conexión de grupos operativos, servizos de asesoramento e investigadores. Os seus obxectivos defínense no artigo 55.1 do Regulamento (UE)
    1305/2013, do 17 de decembro de 2013.
  2. Grupo Operativo: agrupación constituída como principal vehículo, orientado á identificación de problemas concretos ou oportunidades nos sectores agroalimentario e forestal, a partir dos que se xeran iniciativas innovadoras que dean resposta e solucións a esas dificultades ou oportunidades detectadas, sempre no ámbito dos obxectivos da AEI. O grupo operativo estará formado por un mínimo de dous actores interesados.
  3. Iniciativa do proxecto de innovación: entenderase como a cooperación entre diversos axentes para a elaboración dun proxecto que contribúa a estimular actividades innovadoras mediante o fomento de coñecementos e a divulgación da información.
  4. Axente de innovación: persoa física ou xurídica coa que pode contar un grupo operativo, que busca e pon en contacto os actores idóneos para levar a cabo un proxecto innovador, sen ter, necesariamente, que estar involucrado tecnicamente. O axente de innovación pode ser unha entidade integrada dentro do grupo operativo ou ben unha persoa ou entidade contratada por este.

GRUPO OPERATIVO

  1. Os grupos operativos terán ámbito autonómico e estarán formados polo menos por dous dos membros sinalados no artigo 2.1 e contarán con procedementos internos que garantan a transparencia no seu funcionamento, a toma de decisións e eviten conflitos de intereses.
  2. O solicitante da axuda e membro do grupo operativo actuará como representante e coordinador, e asumirá a xestión económica do proxecto e a plena responsabilidade fronte á Administración para os efectos de pagos, reembolsos e recuperacións.
  3. A relación entre os socios quedará reflectida nun convenio de colaboración no que se comprometan a permanecer no grupo durante o período de creación, deseño e redacción do proxecto, o dito documento porase á disposición da Administración.
  4. Os grupos operativos deberán difundir os resultados de seus proxectos polas vías que consideren oportunas e obrigatoriamente a través da rede da Asociación Europea de Innovación (AEI), que ten como obxectivo os recollidos no artigo 55 do Regulamento (UE) núm. 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda para o desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) .
  5. Os grupos operativos presentarán unha soa iniciativa do proxecto de innovación que se vai desenvolver na Comunidade Autónoma de Galicia, destinado a resolver un problema existente no sector agrario, forestal e agroalimentario.

REQUISITOS DAS INICIATIVAS DOS PROXECTOS DE INNOVACIÓN

1. Os proxectos, para cuxa execución se pretendese constituír o grupo operativo, deben fomentar a cooperación e a innovación nas áreas prioritarias de actuación que se detallan:

a) Xestión sostible dos recursos naturais.

  1. Sistemas de produción agro-silvopastorais con alto grao de diversidade, con manexos ecolóxicos ou integrados. Centrados na áreas específicas para recursos xenéticos animais e vexetais importantes para Galicia (gandería de vacún, ovino e cabrún; pastos, forraxes, cereais, froitas, hortalizas, viñedo, plantas industriais e outras).
  2. Programas específicos dirixidos ás áreas de sanidade animal e vexetal e uso sostible de produtos fitosanitarios. As iniciativas terán en conta as orientacións e achegas ao impulso dos sistemas agrarios que contribúan á mitigación dos impactos negativos da agricultura sobre o medio, en concreto no relativo á calidade das augas e á emisión de gases de efecto invernadoiro, con especial énfase na xestión dos efluentes procedentes da actividade agraria nas explotacións e a súa valorización como fertilizantes.
  3. Xestión dos recursos hídricos agrícolas, en particular nas tecnoloxías de xestión e utilización de augas superficiais para a súa utilización sostibles e eficiente na rega de cultivos, control de canais e prevención de inundacións.
  4. Estudo da eficiencia de uso e do impacto no medio natural dos recursos internos e externos das explotacións (terra, auga, enerxía e nutrientes), co obxectivo de mellorar a produción de alimentos de alta calidade de forma compatible coa prestación de servizos ambientais pola agricultura galega.
  5. Xestión de fertilizantes nas explotacións agrarias.
  6. Mitigación do cambio climático en explotacións agrarias para fomentar o paso a unha economía baixa en carbono, lograr mellorar a eficiencia do uso da auga e da enerxía e facilitar o uso de fontes renovables de enerxía.
  7. Desenvolvemento de tecnoloxías para a preservación e a mellora xenética dos recursos animais e vexetais orientadas á produción de alimentos de calidade, en sistemas sostibles e con reducido impacto ambiental.

b). Sistemas agrarios de produción.

  1. 1º. Aumento da sostibilidade e competitividade dos sistemas de produción agrícola, gandeira e forestal orientado á salvagarda da saúde dos consumidores, á mitigación dos impactos ambientais e á loita contra o cambio climático. Inclúese o desenvolvemento e obtención de novas tecnoloxías, equipamentos e instalacións, maquinaria, sistemas de produción, manexo e recolección de cultivos, así como a mellora xenética, a protección vexetal e animal, o desenvolvemento de axentes de control biolóxicos e o mantemento de especies e ecosistemas autóctonos.
  2. 2º. Tecnoloxías de produción de baixo input de pesticidas e fertilizantes sintéticos e de produción ecolóxica que teñan en conta a mellora do manexo dos recursos vexetais con respecto á súa composición, resistencia á tensión por axentes bióticos e abióticos, en particular á seca, malas herbas e axentes patóxenos.
  3. Estudo da ecoloxía e bioloxía de pragas e enfermidades, malas herbas e outros axentes patóxenos co obxectivo de desenvolver técnicas e ferramentas de manexo sostible en sanidade vexetal.
  4. Mellora dos métodos de monitorización, preservación e mellora da fertilidade do solo.
  5. Mellora da competitividade e sostibilidade dos cultivos de cereais e leguminosas (gran e forraxe) para a alimentación humana e animal. Mellora xenética varietal do rendemento, plasticidade, resistencia e calidade das proteínas, a partir da explotación dos recursos xenéticos autóctonos.
  6. 6º. Desenvolvemento e explotación dos bancos de xenes para a mellora da competitividade e sostibilidade dos sistemas de produción agraria.
  7. 7º. Mellora e extensión de métodos de seguimento e control de patoloxías parasitarias e infecciosas nas producións animais extensivas e ecolóxicas e outras ameazas á sustentabilidade e seguridade da produción alimentaria.

c) Cadea agroalimentaria.

  1. Tecnoloxías para asegurar e mellorar a seguridade, a calidade e a autenticidade na cadea alimentaria.
  2. Medida da pegada de carbono ao longo dos procesos da cadea alimentaria.
  3. Uso de marcadores para confirmar a calidade e/ou autenticidade dos alimentos.

d) Bioeconomía

  1. Custos de produción dos sistemas de produción agraria aplicados a situacións con limitacións naturais ou outras limitacións específicas, incluídas as situadas en zonas menos favorecidas e de montaña.
  2. Ferramentas e técnicas de investigación socioeconómica e de soporte á toma de decisións en políticas agrarias dirixidas á solución das necesidades da poboación rural e ao seu desenvolvemento sostible.
  3. Tecnoloxías para a medición do impacto da investigación agraria en desenvolvemento, sostibilidade e competitividade da agricultura galega.
  4. Estudo de métodos e ferramentas para facilitar a transferencia e aplicabilidade dos resultados de proxectos de investigación en innovacións reais dentro do sector agroindustrial galego, dirixidos especialmente tanto a explotacións e cooperativas agrarias, como a pemes agroindustriais, demostrando o potencial de explotación das innovacións e os beneficios económicos e competitivos que se obteñen das innovacións.

e) Aplicación das TIC ao sector

f) Outras iniciativas enmarcadas dentro da produtividade, sostibilidade e innovación agrícola, forestal e agroalimentaria

2. Non será financiable ningunha iniciativa do proxecto de innovación que implique unha actividade de investigación básica para a súa execución.

CONTÍA DAS AXUDAS

A intensidade subvencionada acadará o 100 % dos gastos subvencionables da constitución do grupo operativo, ata unha contía máxima de axuda de 5.000 €.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo para a presentación de solicitudes rematará o 9 de febreiro de 2017