— Aydas a contratación de mujeres desempleadas y formación. Hasta 30 septiembre.

Agaca
Por Agaca julio 4, 2018 14:31

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

 

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación” (formato PDF, gallego) y la Orden completa en el enlace “Web”

— ORDEN del 7 de junio por la que se establecen las bases reguladoras de un programa en favor de la contratación de las mujeres desempleadas, cofinanciado por el PO FSE Galicia 2014-2020, y la formación, y se procede a su convocatoria para el año 2018. Consellería de Economía, Empleo e Industria. DOG Nº 122, 27/06/2018

OBJETO, FINALIDAD Y PRINCIPIOS DE GESTIÓN

1. Coa finalidade de facilitar a inserción laboral das mulleres desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para acceder ou permanecer no mercado de traballo, esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2018 dos incentivos á súa contratación indefinida.

2. Por medio desta convocatoria as empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación e a formación (procedemento TR350A).

Inclúense dous tipos de axuda compatibles:

a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para os contratos indefinidos iniciais realizados con mulleres desempregadas.

b) Bono de formación (opcional) dirixido ás mulleres contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

BENEFICIARIAS

1. Poderán ser beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten mulleres desempregadas por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

PROGRAMA DE BONOS DE CONTRATACIÓN. LÍNEA DE AYUDAS PARA INCENTIVAR LA CONTRATACIÓN INDEFINIDA INICIAL POR CUENTA AJENA

ÁMBITO DE APLICACIÓN Y CONTRATACIONES SUBVENCIONABLES

Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais que se celebren desde o 1 de xaneiro de 2018 ata o 30 de setembro de 2018 con mulleres desempregadas.

REQUISITOS

1. A persoa desempregada pola que se solicita a subvención á contratación ten que cumprir os seguintes requisitos:

a) Ser mujer.

b) Estar en situación de desemprego no momento do inicio da relación laboral.

2. A xornada da contratación indefinida inicial será a tempo completo ou a tempo parcial. No caso da xornada a tempo parcial deberá de ser igual ou superior ao 50 % da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, da xornada máxima legal.

3. Como consecuencia da contratación indefinida inicial pola que se solicita subvención ten que incrementarse o emprego neto da empresa no ámbito territorial de Galicia respecto á media dos 3 meses anteriores ao da contratación.

4. Como consecuencia da contratación indefinida inicial pola que se solicita subvención ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa no ámbito territorial de Galicia respecto á media dos 3 meses anteriores ao da contratación.

CUANTÍAS DE LOS INCENTIVOS

1. As contratacións realizadas ao abeiro desta orde de convocatoria incentivaranse cunha axuda: 7.000 euros por cada muller desempregada contratada que cumpra os requisitos mencionados no artigo 22.

2. As contías establecidas no punto 1 incrementaranse nun 25 % nos seguintes casos, que son acumulables entre si:

– No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.

– Se a muller incorporada é unha emigrante retornada.

– Se a muller contratada é maior de 45 anos.

 

PROGRAMA DE BONOS DE FORMACIÓN. PROGRAMA DE FINANCIACIÓN DE ACCIONES FORMATIVAS EN EL CENTRO DE TRABAJO

ACCIONES SUBVENCIONABLES Y REQUISITOS

1. As empresas que así o soliciten poderán ser beneficiarias dun bono para a formación das persoas traballadoras subvencionadas por medio do Programa de bono de contratación previsto nesta orde. Para isto teñen que cumprir os seguintes requisitos:

a) A muller traballadora que recibe a formación e titorización ten que ser a mesma que participa no Programa de bonos de contratación e, polo tanto, cumprir os mesmos requisitos que se establecen para participar no capítulo II.

b) A acción formativa deberá ter unha duración mínima de 50 horas de formación teórica en contidos relacionados co posto de traballo a que asista integramente a persoa traballadora que participa neste programa.

c) A acción formativa terá lugar dentro dos tres primeiros meses desde o inicio do contrato e dentro da xornada laboral establecida no dito contrato.

2. Para as contratacións realizadas entre o 1 de xaneiro de 2018 e a data de publicación desta orde a acción formativa levarase a cabo no prazo de tres meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación

EJECUCIÓN DE LAS ACCIONES FORMATIVAS 

As entidades beneficiarias desenvolverán as accións formativas a través de medios propios ou poderán recorrer á súa contratación, dentro dos tres primeiros meses do inicio da relación laboral. Para as contratacións realizadas con posterioridade ao 15 de setembro de 2018 e ata o 30 de setembro de 2018 a acción formativa terá como data límite para a súa finalización o 15 de decembro de 2018.

CUANTÍA DE LOS INCENTIVOS Y CONDICIONES DE LA PERCEPCIÓN 

Esta formación incentivarase cunha axuda de 1.000 euros por cada muller desempregada contratada que a reciba na súa integridade e que cumpra os requisitos establecidos no artigo 22 da presente orde.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES 

O prazo xeral para a presentación das solicitudes rematará o 30 de setembro de 2018.

As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre 1 de xaneiro 2018 e a data da publicación desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación da orde.