— Ayudas agricultura afectada por granizo. Hasta 28 febrero.

Agaca
Por Agaca noviembre 28, 2017 11:48

Información de la ayuda

Activa

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Resolución en “Documentación”(formato PDF) y la Resolución completa en español en el enlace “Web”

— RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das liñas de apoio ao acceso e adecuación do financiamento das explotacións produtoras e transformadoras de uva e de castañas afectadas polas xeadas e sarabiadas, e das explotacións produtoras de pataca, cereal, horta e froiteiras afectadas pola sarabia, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito coas entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva. IGAPE. DOG Nº 223, 23/11/2017.

OBXECTO

Estas bases regulan o contido e o procedemento de tramitación de dúas liñas de financiamento bonificado dirixido ás explotacións produtoras e transformadoras de uva e de castañas afectadas polas xeadas dos días 27 e 28 de abril de 2017, ás explotacións produtoras de pataca, cereal e horta afectadas pola sarabia do día 6 de xullo de 2017, e ás explotacións produtoras e transformadoras de uva, castañas e de froiteiras afectadas polas sarabiadas do día 27 de agosto de 2017, co obxecto de adecuar e reforzar a súa estrutura financeira (procedemento IG525C).

Os apoios poderán materializarse a través de dúas liñas:

Liña 1: refinanciamento de pasivos.

Liña 2: apoio ao circulante

BENEFICIARIAS

1. Poderán acceder ás liñas de financiamento previstas nestas bases, as pequenas e medianas empresas, incluídos os autónomos, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño) da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE, que desenvolvan a actividade económica de produción ou transformación de uva ou castañas e se visen afectadas polas xeadas ou sarabiadas, así como as produtoras de pataca, cereal, horta e froiteiras afectadas polas sarabiadas.

2. Ademáis do establecido no punto anterior, deberán cumplir os seguintes requisitos:

    a) No caso de explotacións vitícolas, deberán estar inscritas no Rexistro Vitícola de Galicia e ter viñedos na zona xeográfica delimitada nos mapas de xeadas dos días 27 e 28 de abril de 2017, e de sarabiadas do día 27 de agosto de 2017, emitidos por MeteoGalicia. No caso de adegas, deben cumprir o requisito de que elaboraron viño de denominación de orixe con uvas da colleita do ano 2016 procedentes de viñedos da zona xeográfica delimitada no referido mapa de xeadas.
    b) No caso de explotacións de castañas, deberá tratarse de explotacións propietarias ou xestoras de terreos rústicos de carácter privado que cumpran os seguintes requisitos:

    Os predios deberán estar situados nos concellos en que as xeadas ou sarabiadas afectaron gravemente os castiñeiros, estes son:

    1. 1. Provincia de Lugo: Baleira, Baralla, Becerreá, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro.
    2. 2. Provincia de Ourense: Castrelo do Val, Cualedro, A Gudiña, Laza; A Mezquita, Monterrei, Oímbra, Riós; Vilardevós, Vilariño de Conso, Viana do Bolo; A Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón, Ribadavia; Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside; Piñor, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea; Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén, Vilamarín; O Barco de Valdeorras, A Rúa, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras; Verín; Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río.

    Tamén poderán ser beneficiarias aquelas empresas de transformación situadas no territorio da Comunidade Autónoma que transformen castaña orixinaria de soutos desta comunidade autónoma que por mor das xeadas ou sarabiadas non van ter subministración de materia prima orixinaria de Galicia e que, polo tanto, van ver diminuída a súa capacidade de transformación.

    c) No caso de explotacións de pataca, cereal, horta e froiteiras, os produtores que cumpran os seguintes requisitos:

    Estar inscrito no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia e ter predios que deberán estar situados nas parroquias dos concellos en que a sarabia afectou gravemente os cultivos de pataca, cereal, horta e froiteiras, e estas son:

    1. 1.- Concello de Allariz: parroquia de Torneiros.
    2. 2.- Concello de Xunqueira de Ambía: parroquias de Abeleda, A Graña, Bobadela a Pinta e Sobradelo.
    3. 3.- Concello de Vilardevós: parroquias de Arzádegos, Florderrei, Berrande, Enxames, Moialde, Osoño, Santa María de Traseirexa, Soutochao, Terroso, Vilar de Cervos, Vilardevós, Vilarello da Cota e Feilas.

CONDICIÓNS DAS LIÑAS DE FINANCIAMENTO

1. Refinanciamento de pasivos.

Poderán acollerse a esta liña aquelas explotacións que formalicen un préstamo a longo prazo que se destine á cancelación, en todo ou en parte, de pasivos financeiros formalizados con entidades de crédito e con vencemento a curto ou medio prazo, co obxecto de alcanzar o equilibrio financeiro e acomodar os fluxos monetarios de entrada e saída e evitar, deste xeito, problemas de liquidez.

Para os efectos do establecido no parágrafo anterior, entenderanse por pasivos financeiros refinanciables os seguintes:

    a) Pólizas de préstamo ou contratos de leasing, con vencemento non superior a tres anos a partir da data de solicitude da axuda do interesado.
    b) Pólizas de crédito, con vencemento non superior a tres anos a partir da data de solicitude Da axuda do interesado.
    c) Posicións bancarias debedoras, sempre que sexan consecuencia de non atender os vencementos de operacións financeiras das modalidades descritas nas alíneas a) e b)
    anteriores.

Non se considerarán pasivos refinanciables aqueles que tivesen calquera tipo de subvención encamiñada a mellorar as condicións financeiras respecto das normais de mercado.

Non poderán acollerse a esta liña aquelas empresas incursas en situación concursal ou ben que estean nalgunha das situacións legais de disolución da sociedade.

2. Apoio ao circulante.

Poderán acollerse a este programa de apoio aquelas explotacións que formalicen un préstamo que se destine ao financiamento do seu activo corrente, entendendo como tal o pagamento de nóminas dos traballadores, tributos, Seguridade Social, alugamento, provedores, acredores por prestación de servizos, e cotas de débedas bancarias a longo prazo e cotas de leasing que venzan durante o período de disposición do préstamo formalizado ao amparo desta liña. En ningún caso se poderán aplicar a financiar investimentos en inmobilizado ou activos financeiros, nin á cancelación anticipada de pasivos bancarios.

CARACTERÍSTICAS DAS OPERACIÓNS DE PRÉSTAMO

1. Liña de refinanciamento de pasivos.
a) Modalidade:
Préstamos.

b) Importe:
O importe mínimo atendible será de 3.000 €. O préstamo con dereito a subsidiación constituirao, como máximo, a suma do importe do capital vivo, na data de solicitude da axuda, dos préstamos/leasing que se van cancelar e do importe nominal das pólizas de crédito.

c) Prazo:
Serán atendibles, para os efectos das axudas establecidas nestas bases, os préstamos formalizados a un prazo igual ou superior a cinco anos. Non se establece prazo máximo, non obstante, a subsidiación calcularase para un préstamo teórico a sete anos, incluída unha carencia dun máximo de dous anos.

2. Liña de apoio ao circulante.
a) Modalidade:
Préstamos.

b) Importe:
O importe mínimo atendible será de 3.000 €. O préstamo con dereito a subsidiación constituirao, como máximo, a suma das débedas de circulante existentes na data da solicitude da axuda e daquelas que se xeren ata a data límite de disposición do préstamo segundo o establecido no artigo 13.

c) Prazo:
Serán atendibles, para os efectos das axudas establecidas nestas bases, os préstamos formalizados a un prazo igual ou superior a tres anos e un máximo de sete anos, incluída unha carencia dun máximo de dous anos.

TIPOS DE XURO E COMISIÓNS

1. O tipo de xuro nominal anual para as operacións de préstamo acollidas a estas bases poderá ser fixo ou variable.

No caso de tipo de xuro fixo, este será o que libremente pacten as partes, sen que en ningún caso poida exceder o 4,00 %. No caso de contar con aval dunha SGR, non poderá superar o 3,00 %.

No caso de tipo de xuro variable, o tipo de xuro nominal anual dos préstamos será, para cada semestre natural, o resultante de engadirlle ao tipo de referencia o tipo adicional que pacten as partes, e o seu sistema de variación establécese do seguinte xeito:

Tipo de referencia: será o euríbor ao prazo de seis meses. As revisións faranse semestralmente.

Tipo adicional: será o que libremente pacten as partes, sen que en ningún caso poida exceder 3 puntos porcentuais sen aval de SGR e 2 puntos porcentuais, no caso de contar co aval da SGR.

O tipo de xuro nominal anual dos préstamos será, para cada semestre natural, o resultante de engadirlle ao tipo de referencia o tipo adicional que pacten as partes.

2. Se o euríbor ao prazo establecido deixase de determinarse, aplicarase o que legalmente o substitúa.

3. As comisións máximas que a entidade financeira poderá repercutir en conceptos de apertura e estudo será do 0,60 %. Para as comisións de estudo e apertura, conxuntamente, a entidade financeira poderá estipular un mínimo de ata 30 €. Para estes efectos, non se considerará comisión o cobramento da tarifa de reclamación de posicións debedoras.

4. No caso de operacións avaladas por unha SGR, estas poderán cobrar ao cliente ata o 0,50 % en concepto de comisión de estudo, ata o 1,00 % en concepto de comisión de aval, calculado sobre o saldo vivo anual do importe avalado, e ata o 4,00 % do importe do financiamento avalado en concepto de cota social mutualista, que se aboará ao inicio da operación. Este importe será reembolsado ao cliente unha vez remate a súa relación coa SGR.

5. A garantía a favor das entidades financeiras serán as achegadas pola prestameira ou, se é o caso, o aval da sociedade de garantía recíproca adherida ao convenio, polo 100 % do risco.

AXUDA DO IGAPE, COMPATIBILIDADE E LÍMITE

1. A axuda financeira do Igape poderá consistir nos seguintes apoios:

    a) Bonificación do tipo de xuro nominal das operacións de préstamo acollidas a estas bases, de tal xeito que o tipo de xuro sexa cero para o beneficiario. No caso de préstamos a tipo de xuro fixo, a bonificación corresponderase co tipo de xuro establecido para toda a vida do préstamo. No caso de préstamos a tipo de xuro variable, a bonificación corresponderase co tipo de xuro establecido para o primeiro período semestral.
    b) Axudas en forma de garantía: no caso de contar co aval dunha SGR, o Igape compensará o custo da comisión do aval financeiro prestado pola SGR.

2. A axuda financeira que se conceda, tanto a bonificación ao tipo de xuro como, se é o caso, a compensación da comisión de aval da SGR, calcularase da seguinte maneira:

    a) Calcularanse os valores absolutos das bonificacións que se percibirán durante o período
    teórico de vixencia do préstamo, incluído, se é o caso, o período de carencia. Tomarase como base para o cálculo o 100 % da operación formalizada e como base da liquidación o ano comercial (360 días).
    b) Actualizaranse os valores absolutos obtidos anteriormente, utilizando como taxa de actualización o tipo de xuro legal do diñeiro correspondente ao ano da formalización da operación financeira.
    c) No caso de que a operación fose formalizada a un prazo superior a sete anos, a bonificación e compensación da comisión de aval da SGR calcularase de xeito teórico, coma se fose a sete anos, incluídas as carencias.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes por parte do interesado no Igape rematará o 28 de febreiro de 2018. As entidades financeiras deberán comunicar ao Igape a súa decisión sobre a concesión da operación financeira, ata o 26 de marzo de 2018.