— Apoyo explotaciones afectadas por sequía. Hasta 28 marzo.

Agaca
Por Agaca febrero 20, 2018 11:47

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Resolución en “Documentación”(formato PDF, gallego) y la Resolución completa en español en el enlace “Web”

— RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2017 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das liñas de apoio ao acceso e adecuación do financiamento das explotacións agrarias de toda a Comunidade Autónoma de Galicia afectadas pola seca do ano 2017, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito coas entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva. IGAPE DOG Nº 25, 05/02/2018

OBJETO

Estas bases regulan o contido e procedemento de tramitación de dúas , co obxecto de adecuar e reforzar a súa estrutura financeira.

Os apoios poderán materializarse a través de dúas liñas:

Liña 1: refinanciamento de pasivos.
Liña 2: apoio ao circulante.

BENEFICIARIAS

1. Poderán acceder ás liñas de financiamento previstas nestas bases as pequenas e medianas empresas, incluídos os autónomos, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño) da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE, que desenvolvan unha actividade económica agraria.

CONDICIONES DE LAS LÍNEAS DE FINANCIAMIENTO

1. Refinanciamento de pasivos.

Poderanse acoller a esta liña aquelas explotacións que formalicen un préstamo a longo prazo que se destine á cancelación, en todo ou en parte, de pasivos financeiros formalizados con entidades de crédito e con vencemento a curto ou medio prazo, co obxecto de alcanzar o equilibrio financeiro e acomodar os fluxos monetarios de entrada e saída e evitar, deste xeito, problemas de liquidez.

Para os efectos do establecido no parágrafo anterior, entenderanse por pasivos financeiros refinanciables os seguintes:

a) Pólizas de préstamo ou contratos de leasing, con vencemento non superior a 3 anos a partir da data de solicitude da axuda do interesado.

b) Pólizas de crédito, con vencemento non superior a 3 anos a partir da data de solicitude da axuda do interesado.

c) Posicións bancarias debedoras, sempre que sexan consecuencia de non atender os vencementos de operacións financeiras das modalidades descritas nas alíneas a) e b) anteriores.

Non se considerarán pasivos refinanciables aqueles que tivesen calquera tipo de subvención encamiñada a mellorar as condicións financeiras respecto das normais de mercado.

2. Apoio ao circulante.

Poderanse acoller a este programa de apoio aquelas explotacións que formalicen un préstamo que se destine ao financiamento do seu activo corrente, entendendo como tal o pagamento de nóminas dos traballadores, tributos, Seguridade Social, alugamento, provedores, acredores por prestación de servizos e cotas de débedas bancarias a longo prazo e cotas de leasing que venzan durante o período de disposición do préstamo formalizado ao abeiro desta liña. En ningún caso se poderán aplicar a financiar investimentos en inmovilizado ou activos financeiros, nin á cancelación anticipada de pasivos bancarios.

CARACTERÍSTICAS DE LAS OPERACIONES DE PRÉSTAMO

1. Liña de refinanciamento de pasivos.

a) Modalidade:

Préstamos.

b) Importe:

O importe mínimo atendible será de 3.000 €. O préstamo con dereito a subsidiación constituirao, como máximo, a suma do importe do capital vivo, na data de solicitude da axuda, dos préstamos e/ou contratos de leasing que se van cancelar e do importe nominal das pólizas de crédito.

c) Prazo:

Serán atendibles, para os efectos das axudas establecidas nestas bases, os préstamos formalizados a un prazo igual ou superior a 5 anos. Non se establece prazo máximo. Non obstante, a subsidiación calcularase para un préstamo teórico a 7 anos, incluída unha carencia dun máximo de 2 anos.

2. Liña de apoio ao circulante.

a) Modalidade:

Préstamos.

b) Importe:

O importe mínimo atendible será de 3.000 €. O préstamo con dereito a subsidicación constituirao, como máximo, a suma das débedas de circulante existentes na data da solicitude da axuda e daquelas que se xeren ata a data límite de disposición do préstamo segundo o establecido no artigo 13.

c) Prazo:

Serán atendibles, para os efectos das axudas establecidas nestas bases, os préstamos formalizados a un prazo igual ou superior a 3 anos e un máximo de 7 anos, incluída unha carencia dun máximo de 2 anos.

3. Os beneficiarios poderán solicitar unha das liñas ou as dúas, en función do límite máximo de axudas en réxime de minimis, de acordo co Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro), que establece un límite máximo de 15.000 € a unha única empresa nun período de tres anos.

TIPOS DE INTERÉS Y COMISIONES

1. O tipo de xuro nominal anual para as operacións de préstamo acollidas a estas bases poderá ser fixo ou variable.

No caso de tipo de xuro fixo, este será o que libremente pacten as partes, sen que en ningún caso poida exceder o 4 %. No caso de contar con aval dunha SGR, non poderá superar o 3 %.

No caso de tipo de xuro variable, o tipo de xuro nominal anual dos préstamos será, para cada semestre natural, o resultante de engadir ao tipo de referencia o tipo adicional que pacten as partes, e o seu sistema de variación establécese do seguinte xeito:

Tipo de referencia: será o euríbor ao prazo de 6 meses. As revisións faranse semestralmente.

Tipo adicional: será o que libremente pacten as partes, sen que en ningún caso poida exceder 3 puntos porcentuais sen aval de SGR e 2 puntos porcentuais, no caso de contar co aval da SGR.

O tipo de xuro nominal anual dos préstamos será, para cada semestre natural, o resultante de engadir ao tipo de referencia o tipo adicional que pacten as partes.

2. Se o euríbor ao prazo establecido deixase de determinarse, aplicarase o que legalmente
o substitúa.

3. As comisións máximas que a entidade financeira poderá repercutir en conceptos de apertura e estudo será do 0,60 %. Para as comisións de estudo e apertura, conxuntamente, a entidade financeira poderá estipular un mínimo de ata 30 €. Para estes efectos, non se considerará comisión o cobramento da tarifa de reclamación de posicións debedoras.

4. No caso de operacións avaladas por unha SGR, estas poderanlle cobrar ao cliente ata o 0,50 % en concepto de comisión de estudo, ata o 1 % en concepto de comisión de aval, calculado sobre o saldo vivo anual do importe avalado, e ata o 4 % do importe do financiamento avalado en concepto de cota social mutualista, que se aboará ao inicio da operación. Este importe será reembolsado ao cliente unha vez que remate a súa relación coa SGR.

5. A garantía a favor das entidades financeiras será a achegada pola prestameira ou, se é o caso, o aval da SGR adherida ao convenio, polo 100 % do risco.

AYUDA DEL IGAPE, COMPATIBILIDAD Y LÍMITE

1. A axuda financeira do Igape poderá consistir nos seguintes apoios:

a) Bonificación do tipo de xuro nominal das operacións de préstamo acollidas a estas bases, de tal xeito que o tipo de xuro sexa cero para o beneficiario. No caso de préstamos a tipo de xuro fixo, a bonificación corresponderase co tipo de xuro establecido para toda a vida do préstamo. No caso de préstamos a tipo de xuro variable, a bonificación corresponderase co tipo de xuro establecido para o primeiro período semestral.

b) Axudas en forma de garantía: no caso de contar co aval dunha SGR, o Igape compensará compensará o custo da comisión do aval financeiro prestado pola SGR.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo para presentar as solicitudes rematará o 28 de marzo 2018,