— Subvención proyectos inversión empresarial. FEDER-IGAPE. Hasta 28 dic.

Agaca
Por Agaca octubre 1, 2018 13:27

Información de la ayuda

Activa

 

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Resoluciónn en “Documentación” (formato PDF) y la Resolución completa en español en el enlace “Web”

— RESOLUCIÓN del 17 de septiembre de 2018 por la que se da publicidad del acuerdo del Consejo de Dirección, que aprueba las bases reguladoras de las ayudas a los proyectos de inversión empresarial, cofinanciadas por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional, en el marco del programa operativo Feder Galicia 2017-2020, y se procede a su convocatoria en régimen de concurrencia no competitiva. IGAPE. DOG Nº 184, 26/09/2018

FINALIDAD / OBJETIVOS

Estimular a posta en marcha de proxectos de investimento empresarial en Galicia, coa finalidade principal de dinamizar a actividade económica na Comunidade Autónoma e potenciar o mantemento e creación de emprego, a través do desenvolvemento e mellora das empresas existentes, así como coa creación e posta en marcha de novas iniciativas empresariais.

TIPOS DE APOIO

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia non competitiva.

BENEFICIARIOS POTENCIAIS

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de beneficiario as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

Ademais deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Que proxecten levar a cabo un investimento nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia para desenvolver algunha das actividades subvencionables que se sinalan nestas bases.

b) Que acheguen para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos un 25% dos custos subvencionables, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.

2. Non poderán ter a condición de beneficiarios as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

3. Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas en crise.

4. Non poderán ter a condición de beneficiarios as empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 3º da Lei de subvencións de Galicia ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.

5. O Igape realizará as comprobacións documentadas necesarias para garantir que as empresas beneficiarias teñen a condición de peme, e que non incorren en ningunha das circunstancias para considerar unha empresa en crise.

Sectores incentivables
1. Serán subvencionables os investimentos realizados para o desenvolvemento de actividades relacionadas no anexo II destas bases, EXCLUÍNDOSE as seguintes:
a) As empresas dedicadas á produción, transformación e comercialización de produtos da pesca e da acuicultura.
b) As actividades de produción e comercialización dos produtos agrícolas enumerados no anexo I do Tratado de funcionamento da Unión Europea e as actividades de transformación de productos agrícolas enumerados no anexo I do Tratado de funcionamento da Unión Europea en productos agrícolas enumerados no dito anexo I.
c) As actividades do sector do aceiro, do sector do carbón, o sector da construción naval, do sector das fibras sintéticas, o sector do transporte, así como ás infraestruturas conexas e á produción e distribución de enerxía e as infraestruturas enerxéticas.

2. Nas actividades de prestación de servizos en que así se prevexa no anexo II destas bases, deberase acreditar que máis do 50% da súa cifra neta de negocios, no exercicio anterior á solicitude, foi facturado a empresas industriais.

3. No sector da hostaleira, só serán subvencionables:
– Novos establecementos coas seguintes categorías mínimas: catro estrelas, cando os novos establecementos estean ubicados nos termos municipais de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago ou Ferrol, e tres estrelas no resto de localizacións.
– En establecementos xa existentes, os investimentos necesarios para incrementar a categoría ata acadar, como mínimo, as indicadas no parágrafo anterior.

REQUISITOS PRINCIPALES DEL PROYECTO

1. Serán subvencionables os proxectos de investimento en activos fixos novos que respondan a algunha das seguintes tipoloxías:

  • 1.1. Creación dun novo establecemento.
  • 1.2. Ampliación de capacidade dun establecemento existente.
  • 1.3. Diversificación da produción dun establecemento existente en produtos que anteriormente non se producían no mesmo.
  • 1.4. Transformación fundamental do proceso global de produción dun establecemento existente. Estes proxectos suporán a implementación dunha innovación no proceso global de produción que impliquen o uso por primeira vez de métodos de organización que inclúan melloras nas rutinas e procedementos de xestión do traballo, dos sistemas de produción ou a integración de áreas funcionais da empresa.

2. Dimensión do proxecto  de investimento:

O investimento subvencionable deberá ser igual ou superior a 50.000 euros e non superior a 2.000.000 euros, excluíndo impostos, taxas e arbitrios.

No caso dos proxectos do apartado 1.3. anterior, o investimento subvencionable deberá, ademais, superar o 200% do valor neto contable dos activos que se reutilizan, de acordo cos rexistros do balance de situación ao fin do exercicio económico anterior ao comezo do proxecto.

INVERSIONES O GASTOS COMPUTABLES

1. Serán subvencionables os investimentos en activos fixos que se materialicen nos seguintes conceptos:

  1.  Obra civil: acondicionamento e urbanización, oficinas, laboratorios, servizos sociais e sanitarios do persoal, almacenamento de materias primas, edificios de produción, edificios de servizos industriais, almacenamento de produtos terminados e outras obras vinculadas ao proxecto, levadas a cabo en terreos propiedade do solicitante, suxeitos aos límites máximos de custo subvencionable establecidos nos módulos recollidos no anexo III.
  2. Adquisición de edificacións ou construcións novas, por un importe que non exceda do 10% do gasto total subvencionable.
  3. Bens de equipo: maquinaria de proceso, instalacións específicas para a actividade subvencionable, equipos e medios de transporte interno, vehículos especiais de transporte externo, medios de protección do ambiente e outros bens de equipamento.
  4. Outros investimentos en activos fixos materiais incluíndo mobiliario.
  5. Activos inmateriais relacionados directamente co proceso produtivo (ou co de prestación de servizos, se é o caso) que cumpran os seguintes requisitos:
    1) empregaranse exclusivamente no establecemento beneficiario da axuda;
    2) deben ter a consideración de activos amortizables;
    3) deberán ser adquiridos a terceiros non relacionados co comprador en condicións de mercado, e
    4) figurarán no activo da empresa e permanecerán no establecemento beneficiario da axuda durante un período mínimo de 3 anos.
  6. Os custos de reformas de instalacións levadas a cabo en bens inmobles arrendados suxeitos aos límites máximos de custo subvencionable establecidos nos módulos recollidos no anexo III e sempre que o arrendamento teña unha vixencia mínima de 5 anos a contar desde a data de finalización do proxecto.
  7. No caso de implantacións nos concellos adheridos ao protocolo xeral de actuación entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias para fomentar a implantación de empresas en Galicia mediante a creación da iniciativa Concellos Doing Business Galicia, serán subvencionables, ademais, os investimentos en terreos non edificados e terreos edificados ata o límite do 10% do gasto total subvencionable.

2. Os activos adquiridos deberán ser novos.

3. Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos en propiedade polo beneficiario. No caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes deberán pasar a ser de propiedade plena do beneficiario antes do remate do prazo de execución do proxecto, debendo constar neste momento o vencemento e pagamento das cantidades aprazadas.

4. Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos a terceiros. Os provedores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos de administración, directivos ou xestores. En ningún caso poderá concertar o beneficiario a execución total ou parcial das actividades.

5. Quedan excluídos os investimentos de reposición ou mera substitución de elementos, salvo que a nova adquisición corresponda a elementos distintos dos anteriores, ben pola tecnoloxía usada ou polo seu incremento de rendemento manifesto.

CUANTÍA DE LAS AYUDAS

A contía da axuda será  o resultado de multiplicar a porcentaxe de subvención aprobada polo importe do investimento subvencionable.
A porcentaxe de subvención aprobada será a suma das porcentaxes obtidas na baremación dos seguintes criterios:

1. Tamaño da empresa:
24% pequenas empresas
15 % medianas empresas

2. Mantemento do emprego: en base á cifra media de emprego dos 3 meses anteriores á solicitude da axuda, ou dos 12 meses anteriores no caso de actividades que acrediten unha elevada estacionalidade.

3% por mantemento de emprego no caso de pequenas e medianas empresas.

3. Creación de emprego estable: compromiso de creación neta de postos de traballo con carácter indefinido durante o prazo de execución do proxecto.
a) Concederanse:
– 2% pola creación de cada posto de traballo no caso de microempresas, cun máximo de 3%
– 1% pola creación de cada posto de traballo no caso de pequenas empresas, cun máximo de 3%
– 0,5% pola creación de cada posto de traballo no caso de medianas empresas, cun máximo de 2% e

b) No caso de novos establecementos nos que non exista emprego que manter e, por tanto, a puntuación do criterio 2 anterior sería igual a cero, os límites máximos de puntuación no presente criterio de creación de emprego serán de 6% no caso das pequenas empresas e 5% no caso das medianas empresas.

Aos efectos de mantemento e creación de emprego, computarase como 1 posto de traballo os derivados de contratos a tempo completo e como 0,5 postos de traballo os derivados de contratos a tempo parcial.

En todo caso, a intensidade máxima de axuda será do 30% no caso das pequenas empresas e 20% no caso das medianas empresas.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará cando se produza a primeira das seguintes circunstancias:

a) Que, conforme as solicitudes recibidas, se esgote o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape, co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes.

b) O 28 de decembro de 2018.