— Subvenciones para crear laboratorios cooperativos y proyectos empresariales colectivos. Varios plazos.

Agaca
Por Agaca junio 11, 2018 15:13

Información de la ayuda

Activa

 

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen da Orde en “Documentación” (formato PDF, gallego) y la orden completa en español en el enlace “Web”

ORDE do 24 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a posta en marcha de laboratorios cooperativos no rural, e se convocan para os anos 2018 e 2019. Consellería de Economía, Emprego e Industria. (DOG Nº 108, 7/06/2018)

Programa I: fomento de laboratorios cooperativos en el rural

FINALIDAD

Este programa ten por obxecto establecer subvencións para a dinamización da economía local mediante fórmulas de economía social, a través de entidades mentoras que identifiquen oportunidades de negocio no seu territorio e seleccionen un grupo de persoas interesadas en iniciar unha actividade económica nun determinado sector, ao cal lle impartirána formación específica necesaria nesa área de actividade, así como asesoramento e acompañamento.

ENTIDADES BENEFICIARIAS Y CONDICIONES PARA LA OBTENCIÓN DE LA SUBVENCIÓN

1. Poderán acollerse ás subvencións previstas neste programa as entidades a que se refire o artigo 6.1.a): os concellos de Galicia, as áreas metropolitanas, mancomunidades de municipios e os consorcios locais; as asociacións de entidades de economía social; as asociacións e fundacións que teñan entre os seus fins a promoción do cooperativismo e da economía social, do emprendemento ou o desenvolvemento económico ou local, e as empresas privadas.; que actúen como entidades mentoras dun grupo de persoas que teña interese en iniciar unha actividade económica nun determinado sector. Non haberá límites ao tipo de actividade, sempre que se desenvolva a través da fórmula de cooperativa ou sociedade laboral nun concello rural de Galicia.

2. A entidade mentora deberá desenvolver un papel tractor e dinamizador da economía local, para o que, unha vez identificada unha oportunidade de negocio no seu territorio, deberá captar un grupo de persoas interesadas en emprender.

O número mínimo de persoas que se debe seleccionar para a actividade é de tres, as cales deben ser demandantes de emprego. Adicionalmente, poderán participar persoas non demandantes de emprego, sempre que non supoñan máis do 20 % do total das persoas atendidas.

Unha vez feita a selección das persoas deberá impartirlle a formación sectorial e a mentorización e asesoramento especializado necesario para emprender esa actividade, debendo contar para isto con persoal experto na materia de que se trate. Esta formación sectorial complementarase co asesoramento e formación transversal en materia de economía social que a Secretaría Xeral de Emprego ofrece a través da Rede Eusumo.

O fin último deste programa de laboratorios cooperativos no rural é que todas ou parte das persoas seleccionadas constitúan unha cooperativa ou sociedade laboral no rural de Galicia, non sendo este, non obstante, requisito imprescindible para a obtención da axuda.

3. As accións descritas no parágrafo anterior plasmaranse nun itinerario que comprenderá en todo caso:
a) Formación sectorial específica na actividade ou sector do proxecto que se quere lanzar.
b) Titorización personalizada para a definición da idea de negocio e a elaboración da folla de ruta do proxecto.
c) Coaching profesional orientado ao emprendemento, que abranga como mínimo os aspectos de motivación para o emprendemento, xestión de equipos, negociación e xestión do cambio.
d) Mentorización por parte de persoas expertas na actividade ou sector de que se trate.
e) Asesoramento na mellora de procesos comerciais, apertura de novos mercados e acceso a financiamento.

O itinerario terá unha duración mínima de 100 horas e deberase acreditar a asistencia mínima do 90 % desta duración por parte de todas as persoas participantes.

A actividade desenvolverase nun máximo de catro meses, en todo caso dentro do período de execución que se estableza na convocatoria.

GASTOS SUBVENCIONABLES

1. Serán subvencionables ata o 80 % dos custos directos asociados á realización da actividade, así como dos custos indirectos e dos correspondentes á organización das actividades.

1.1. Consideraranse custos directos os seguintes:

a) As retribucións do persoal interno e externo no exercicio das actividades de preparación, impartición, titoría e avaliación das persoas participantes nas accións a que se refire o artigo 23.3.

b) As axudas de custo do persoal sinalado na letra anterior.

c) Os gastos de amortización de equipos didácticos e plataformas tecnolóxicas, calculados con criterios de amortización aceptados nas normas de contabilidade, así como o alugueiro ou arrendamento financeiro destes, excluídos os xuros, soportados na execución das actividades e de xeito proporcional a estas.

d) Gastos de medios didácticos e/ou adquisición de materiais didácticos, así como os gastos en bens consumibles utilizados na realización das actividades, incluíndo o material de protección e seguridade.

e) Os gastos de alugueiro, arrendamento financeiro, excluídos os xuros, ou amortización das aulas, obradoiros e demais superficies utilizadas na realización da actividade.

f) Gastos de seguro de accidentes das persoas participantes.

g) Os gastos de axudas de custo e desprazamento das persoas participantes no proxecto, sempre e cando sexan desempregadas e estean inscritas como demandantes de emprego.

h) Gastos de publicidade para a organización e difusión das actividades.

1.2. Considéranse custos indirectos e gastos de organización os seguintes:

a) Os custos de persoal de apoio, tanto interno como externo, necesarios para a xestión e execución das actividades.

b) As axudas de custo do persoal sinalado na letra anterior.

c) Os gastos financeiros directamente relacionados coa actividade subvencionada e que resulten indispensables para a súa adecuada preparación ou execución. Non serán subvencionables os xuros debedores das contas bancarias.

d) Outros custos: electricidade, auga, calefacción, mensaxaría, comunicacións, limpeza e vixilancia, asociados á execución da actividade.

CUANTÍA DE LA SUBVENCIÓN

1. Establécese un tope máximo de axuda que será o resultado da suma das seguintes epígrafes:
a) Número de horas de traballo do persoal interno e externo dedicadas ás accións a que se refire o artigo 23.3, multiplicado por un módulo de 23,12 euros.
Inclúense nesta epígrafe tanto as horas efectivas de atención a que se refire o artigo 23.3 como as de preparación e avaliación das persoas participantes. O número de horas imputadas á preparación e avaliación non poderá ser superior ao de horas de atención efectiva.
b) En concepto doutros gastos directos poderase imputar como máximo o 10% do total da subvención.
c) En concepto de gastos indirectos e gastos de organización do proxecto poderase imputar como máximo o 30% do total da subvención.
2. A contía máxima que poderá ser concedida con cargo a este programa será de 15.000 € por cada proxecto subvencionado e de 45.000 € por cada beneficiaria.

Programa II: Impulso de proyectos empresariales colectivos

FINALIDAD

Este programa ten como finalidade esencial fomentar e promover o emprendemento colectivo baixo fórmulas de economía social no ámbito da comunidade autónoma, concedendo axudas económicas que faciliten a posta en marcha dos proxectos empresariais resultantes dos laboratorios cooperativos no rural previstos no programa I.

ENTIDADES BENEFICIARIAS Y CONDICIONES PARA LA OBTENCIÓN DE LA SUBVENCIÓN

1. Poderán ser entidades beneficiarias deste programa de subvencións as cooperativas ou sociedades laborais de nova creación constituídas como resultado dun laboratorio cooperativo no rural e que teñan o seu domicilio social nun concello rural de Galicia.

Para estes efectos, as cooperativas ou sociedades laborais deberán estar formadas maioritariamente por persoas socias traballadoras ou por persoas que emprendan unha actividade por conta propia e se incorporen na cooperativa como persoas socias con carácter indefinido, con compromiso de exclusividade, para comercializar os seus produtos, obter subministracións, servizos e a asistencia técnica que precisen, que participasen con aproveitamento nun proxecto de laboratorio Cooperativo no rural previsto no programa I desta orde e se encontren desempregadas e inscritas como demandantes de emprego no momento de darse de alta na Seguridade Social.

2. A asistencia técnica para a realización das accións subvencionables deberá ser prestada por persoas físicas ou xurídicas que acrediten a súa solvencia profesional, por medio de titulación académica oficial suficiente para a prestación do servizo. No caso de persoas xurídicas, a persoa posuidora da titulación deberá acreditar o seu vínculo coa entidade.

GASTOS SUBVENCIONABLES Y CUANTÍA DE LA SUBVENCIÓN

1. Accións de asistencia técnica.
Poderán ser obxecto de subvención ata o 80 % dos gastos ocasionados con motivo da posta en marcha das cooperativas ou sociedades laborais, cos seguintes límites particulares:
Proxectos técnicos, ata un máximo de 1.000,00 €.
Elaboración dos estatutos sociais e regulamentos de réxime interno necesarios para a posta en marcha dos proxectos empresariais, ata un máximo de 1.000,00 €.

2. Axuda para o lanzamento de actividade.
Poderase conceder unha axuda para o lanzamento de actividade, que consistirá nunha subvención de ata o 80 % dos gastos correntes necesarios para o inicio da actividade, cun máximo de ata 20.000 euros.

Serán subvencionables, a través desta axuda, os gastos pola compra de mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos; arrendamento do local, maquinaria e equipamentos informáticos, seguro do local, publicidade e subministracións (electricidade, auga, etc.), sempre que se realicen no primeiro ano desde o inicio da actividade.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

PROGRAMA I: O prazo para a presentación das solicitudes das axudas rematará o 7 de xullo de 2018, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

PROGRAMA IIO prazo para a presentación das solicitudes das axudas rematará o 1 de outubro de 2018, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.