— Incentivos contratación empresa ordinaria. Hasta 15 octubre.

Agaca
Por Agaca febrero 20, 2018 10:55

Información de la ayuda

Activa

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación”(formato PDF, gallego) y la Orden completa en español en el enlace “Web”

— ORDE do 22 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación na empresa ordinaria, e se convocan para o ano 2018. Consellería de Economía, Emprego e Industria. DOG Nº 24, (02/02/2018)

OBJETO Y FINALIDAD

1. Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras polas cales se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria das subvencións establecidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para o ano 2018 coa finalidade de facilitar a inserción laboral das persoas desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo, e favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade.

2. Por medio desta convocatoria as empresas que soliciten participar terán a posibilidade de obter axudas para a contratación e formación por conta allea.

Inclúense dous tipos de axuda compatibles:

a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial e a temporal cunha duración mínima de doce meses das persoas desempregadas de longa duración, persoas con discapacidade e persoas en risco de exclusión social.

b) Bono de formación (opcional) dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

ENTIDADES BENEFICIARIAS

1. Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

Bono de contratación para incentivar a contratación indefinida inicial ou a temporal cunha duración mínima de doce meses

Ámbito de aplicación e contratacións subvencionables

1. Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións indefinidas iniciais e as temporais cunha duración inicial mínima de doce meses realizadas con persoas desempregadas a que se refire o artigo 1.2.a) da orde, ou con persoas traballadoras proceden tes dun centro especial de emprego, que se formalicen desde o día 1 de outubro de 2017 ata o 15 de outubro de 2018, ambas inclusive.

A contratación inicial deberá ser a tempo completo, incluída a modalidade de fixo descontinuo.

Quedan excluídos os contratos para a formación e aprendizaxe.

CUANTÍA DE LOS INCENTIVOS

1. A contratación inicial incentivarase cun bono de 4.00 euros cando a persoa desempregada se encontre nalgún dos seguintes colectivos, non acumulables:

  • Persoas desempregadas de longa duración.
  • Persoas en situación ou risco de exclusión social.
  • Persoas con discapacidade.

2. As contías establecidas no punto 1 incrementaranse nun 25 % nos seguintes casos, que son acumulables entre si:

    – Se a persoa incorporada é unha muller.
    – No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.
    – Persoas maiores de 45 anos.
    – Se a persoa incorporada é un emigrante retornado.

Deste xeito a contía máxima posible dos colectivos pertencentes ao punto 1, de aplicarse todos os incrementos, sería 8.000 euros.

Bono de formación (opcional) para accións formativas

ACCIONES SUBVENCIONABLES Y REQUISITOS

As empresas que así o soliciten poderán ser beneficiarias dun bono para a formación das persoas contratadas por medio do programa de bono de contratación previsto nesta orde. Para isto teñen que cumprir os seguintes requisitos:

a) A persoa traballadora que recibe a formación e titorización ten que ser a mesma que participa no programa de bonos de contratación e, polo tanto, cumprir os mesmos requisitos que se establecen para participar no capítulo II.

b) Ten que ofrecerse unha acción formativa, que terá lugar dentro dos tres primeiros meses de formalización do contrato.

c) A acción formativa deberá ter unha duración mínima de 50 horas de formación teórica en contidos relacionados co posto de traballo ás cales asista integramente a persoa traballadora que participa neste programa.

d) Queda excluída deste bono de formación aquela que supoña o cumprimento de obrigas legais empresariais en materia preventiva a que fai referencia o artigo 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

EJECUCIÓN DE LAS ACCIONES FORMATIVAS

As entidades beneficiarias desenvolverán as accións formativas a través de medios propios ou por medio da súa contratación, e poderanas realizar tanto nas súas instalación como nas da en

CUANTÍAS DE LOS INCENTIVOS Y CONDICIONES DE PERCEPCIÓN

Esta formación incentivarase cunha axuda de 1.000 euros por cada persoa contratada que a reciba na súa integridade e que cumpra os requisitos establecidos no artigo 22 da presente orde.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo para presentar as solicitudes rematará o 15 de outubro 2018,

As solicitudes dos bonos de contratación e formación deberanse presentar no prazo dun mes desde a data de formalización do contrato.