— Subvenciones autoempleo. Sistema Nacional garantía juvenil. Hasta 30 sept.

Agaca
Por Agaca septiembre 18, 2017 14:33

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación”(formato PDF)

ORDE do 18 de xullo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través do Programa I (emprego autónomo), Programa II (fomento da contratación por conta allea) e Programa III (programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro), convocatoria do ano 2017. Consellería de Economía, Emprego e Industria. DOG Nº 148, 4/08/2017.

OBXECTO E FINALIDADE

Aprobar as nomas reguladoras e establecer os procedementos de subvencións, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, dentro do Programa operativo de emprego xuvenil (POEX), para concesión de subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.

As subvencións destinaranse aos seguintes programas:

a) Programa I. Promoción do emprego autónomo de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil (procedemento TR341J).

b) Programa II. Incentivos a empresas e empregadores, con centros de traballo en Galicia, que realicen unha contratación indefinida inicial, unha contratación temporal ou unha transformación en indefinido dun contrato temporal subvencionado ao abeiro deste programa, con persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil (procedementos TR349I e TR349L).

Programa I. Promoción do emprego autónomo (TR341J)

OBXECTO E FINLIDADE

  1. Este programa ten por obxecto establecer as bases reguladoras do Programa de promoción do emprego autónomo de persoas mozas desempregadas inscritas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil e proceder á súa convocatoria para o ano 2017.
  2. A finalidade deste programa é promovere axudar a financiar aqueles proxectos empresariais cunha viabilidade económica e financeira que faciliten a creación do seu propio posto de traballo ás persoas mozas desempregadas que figuren inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil como interesadas en recibir as accións executadas no contexto da garantía xuvenil e que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.
  3. Ao abeiro desta orde subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e condicións establecidas nela, se formalicen desde o 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017, ambos inclusive.

PERSOAS BENEFICIARIAS

1. Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa as persoas novas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, e que desenvolvan fundamentalmente a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia (segundo a alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria, modelo 036 ou 037), sempre que cumprindo as condicións establecidas para cada tipo de axuda.

CONTÍA DA SUBVENCIÓN

  1. Co obxecto de axudar as persoas desempregadas ao inicio e mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma e deste xeito facilitarlle ingresos durante o inicio da súa actividade laboral, establécese unha contía base de 4.000 € para todas aquelas persoas que teñan a condición de beneficiarias de acordo co establecido no artigo 13.
  2. Esta contía base incrementarase nun 25% nos seguintes casos:
    a) Se a persoa incorporada é unha muller.
    b) Se a persoa incorporada ten discapacidade ou se atopa en situación ou risco de exclusión social.
    c) Se a persoa incorporada pertence a unha unidade familiar en que todos os seus membros están desempregados.
    d) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da persoa autónoma estea situado nun concello rural.
  3.  Deste xeito a contía máxima posible, de aplicarse todos os incrementos, sería de 8.000€.

 

Programa II. Fomento da contratación por conta allea (TR349I e TR349L)

OBXECTO E FINALIDADE

Este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2017 dos programas de incentivos á contratación por conta allea que teñen por finalidade favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través dos seguintes procedementos:

a) Incentivos á contratación indefinida inicial das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil (TR349I).

b) Incentivos á contratación temporal das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil e a súa transformación en contrato indefinido (TR349L).

ENTIDADES BENEFICIARIAS

1. Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos neste programa as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

No caso de sociedades civís, comunidades de bens e unións temporais de empresas deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación. No suposto de unións temporais de empresas cada empresa que forme parte desta unión deberá reunir os requisitos exixidos para acceder ás axudas.

Ámbito temporal de aplicación e contratacións subvencionables

Serán subvencionables ao abeiro deste programa:

a) As contratacións indefinidas iniciais e as contratacións temporais realizadas desde o 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017 formalizadas con persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.

b) As transformacións en indefinidos dos contratos temporais realizados desde o 1 de outubro de 2016 e subvencionados ao abeiro deste programa, sempre que a transformación se formalice ata o 30 de setembro de 2017, formalizadas con persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.

Procedemento de incentivos á contratación indefinida inicial de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil (TR349I)

Requisitos

  1. A persoa moza pola que se solicita a subvención debe estar inscrita no Sistema nacional de garantía xuvenil, estar desempregada na data da súa contratación indefinida inicial a tempo completo e non ter traballado no día natural anterior á data da contratación.
  2. Como consecuencia da contratación indefinida inicial pola que se solicita subvención ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa, no ámbito territorial de Galicia, respecto ao mes anterior ao mes de realización da contratación pola que se solicita subvención.
  3. Como consecuencia da contratación indefinida que se fomenta ten que incrementarse o emprego neto da empresa no ámbito territorial de Galicia, respecto ao mes anterior ao mes de realización da contratación pola que se solicita subvención.

Contías dos incentivos

1. As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de 7.000 euros.

Esta contía incrementarase nun 25% nos seguintes casos:

    a) Se a persoa incorporada é unha muller.
    b) Se a persoa incorporada ten discapacidade ou está en situación ou risco de exclusión social.
    c) Se a  persoa  incorporada  pertence  a  unha  unidade  familiar  en  que  todos  os  seus membros están desempregados.
    d) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.

Procedemento de incentivos á contratación temporal de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil e a súa transformación en contrato indefinido(TR349L)

Cotratacións subvencionables

  1. Para os efectos deste procedemento serán subvencionables:
    a) As contratacións de carácter temporal realizadas desde o 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017 formalizadas con persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.
    b) As transformacións en indefinidos dos contratos temporais realizados desde o 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017 e subvencionados ao abeiro deste procedemento, sempre que a transformación se realice ata o 30 de setembro de 20117.
  2. Para os efectos deste procedemento, entenderase que se produce a transformación dun contrato temporal en  indefinido  en  todos  aqueles  casos  en  que  ambas  as  dúas modalidades contractuais se sucedan sen ruptura da relación laboral coa empresa, incluídos aqueles supostos en que o inicio da relación laboral indefinida teña lugar o día seguinte ao do termo da vixencia do contrato temporal do que deriva.

Requisitos

  1. Os incentivos previstos neste procedemento serán de aplicación a todas as modalidades contractuais de carácter temporal a tempo completo que se realicen con persoas mozas desempregadas, que non traballasen no día natural anterior á data da contratación e inscritas no Sistema nacional de  garantía xuvenil.
  2. Os contratos temporais terán unha duración mínima inicial superior a seis meses, agás os contratos en prácticas realizados conforme o artigo 11 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, que terá unha duración inicial mínima de 12 meses.

Contías dos incentivos

1. A contía da axuda calcularase da seguinte maneira:

  • a) 250 euros por cada mes completo de duración do contrato ata un máximo de 12 mensualidades.
  • b) Esta contía incrementarase nun 25% en cada un dos seguintes casos:
    1º. Se a persoa incorporada é unha muller.
    2º. Se a persoa incorporada ten discapacidade ou se atopa en situación ou risco de exclusión social.
    3º. Se a persoa incorporada pertence a unha unidade familiar en que todos os seus membros están desempregados.
    4º. No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.

2. Os contratos para a formación e a aprendizaxe incentivaranse cunha axuda de ata 1.200 euros, sempre que a súa duración sexa de doce meses, e a parte proporcional cando no caso de autorización a súa duración sexa inferior, e o tempo efectivo de traballo sexa igual ao 75 % da xornada de traballo.

Esta contía incrementarase nun 25% en cada un dos seguintes casos:

  1. Se a persoa incorporada é unha muller.
  2. Se a persoa incorporada ten discapacidade ou se atopa en situación ou risco deexclusión social.
  3. e a persoa incorporada pertence a unha unidade familiar en que todos os seus membros están desempregados.
  4. No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.

3. Os contratos en prácticas incentivaranse cunha axuda de 3.600 euros.

Esta contía incrementarase nun 25% en cada un dos seguintes casos:

  1. Se a persoa incorporada é unha muller.
  2. Se a persoa incorporada ten discapacidade ou se atopa en situación ou risco de exclusión social.
  3. Se a persoa incorporada pertence a unha unidade familiar en que todos os seus membros están desempregados.
  4. No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.

4. A transformación de contratos temporais subvencionados ao abeiro desta procedementos incentivarase con 2.500 euros.

Esta contía incrementarase nun 25 % en cada un dos seguintes casos:

  1. Se a persoa incorporada é unha muller.
  2. Se a persoa incorporada ten discapacidade ou se atopa en situación ou risco de exclusión social.
  3. Se a persoa incorporada pertence a unha unidade familiar en que todos os seus membros están desempregados.
  4. No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro de 2017.