— Subvenciones a mejoras en establecimientos comerciales. Hasta 13 julio.

Agaca
Por Agaca junio 27, 2017 10:51

Información de la ayuda

Activa

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación”(formato PDF) y la Orde completa (en español) en enlace “Web”

— ORDE do 1 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a mellora da imaxe, acondicionamento e modernización dos establecementos comerciais retallistas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017. Consellería de Economía, Emprego e Industria. (DOG 113, 15/06/2017)

BENEFICIARIAS

Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que, en todo caso, cumpran ademais os seguintes requisitos:

– Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social e fiscal radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade.

– Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio (DOUE nº 124, do 20 de maio, p. 36), empreguen menos de dez (10) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.

– Que estea dada de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II e que este constitúa a actividade principal do solicitante.

– Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 150 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.

OBXECTO E RÉXIME DAS SUBVENCIÓNS

1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións para a mellora da imaxe, acondicionamento e modernización dos establecementos comerciais retallistas.

2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva e quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os límites cuantitativos (200.000 euros nun período de tres anos) establecidos no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 24.12.2013, L352/1).
 
En concreto, consideraranse subvencionables as seguintes actuacións, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas dende o 1 de xaneiro de 2017 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 19.

3.1 Proxectos de modernización integral do local comercial incluídos nun proxecto técnico de decoración e interiorismo.

 En concreto, considéranse gastos subvencionables:

    a) As obras de reforma e acondicionamento integral da superficie de exposición e venda do local comercial.

     
    b) A adquisición de moblaxe destinada á mellora da imaxe comercial e adquisición de equipamento especializado para a exposición do produto que sexa necesario para o desenvolvemento da actividade comercial e de uso exclusivo na superficie de exposición e venda.

     
    c) As actuacións de mellora da fachada exterior do local comercial e a instalación de toldos, carteis, letreiros ou similares.
     

Para o conxunto destas actuacións, o investimento máximo subvencionable será de 30.000 € (IVE excluído) e o investimento mínimo, de 15.000 € (IVE excluído).
 
A porcentaxe de subvención será o 50 % do investimento máximo subvencionable.
 
O investimento máximo subvencionable ampliarase ata 2.000 € para atender os custos polos servizos profesionais de elaboración e redacción do proxecto técnico de interiorismo e decoración, sempre que este non supere o 10 % do investimento total solicitado.
 

3.2. Proxectos de renovación e mellora da imaxe comercial, sempre que impliquen unha renovación clara e directa da imaxe do establecemento comercial.

En concreto considéranse gastos subvencionables:

    a) As obras de reforma e acondicionamento da superficie de exposición e venda do local comercial.
     
    b) A adquisición de moblaxe destinada á mellora da imaxe comercial e adquisición de equipamento especializado para a exposición do produto que sexa necesario para o desenvolvemento da actividade comercial e de uso exclusivo na superficie de exposición e venda.
     
    c) As actuacións de mellora da fachada exterior do local comercial e a instalación de toldos, carteis, letreiros ou similares.

Para o conxunto das actuacións relacionadas na alínea a) do punto 3.2, o investimento máximo subvencionable será de 60 € (IVE excluído) por metro cadrado da superficie de exposición e venda do local comercial e o investimento mínimo do conxunto das actuacións subvencionables, de 3.000 € (IVE excluído), no caso de que a superficie de exposición e venda sexa igual ou superior aos 50 metros cadrados. Nos establecementos comerciais cunha superficie de exposición e venda inferior a 50 metros cadrados o investimento mínimo do proxecto subvencionable non poderá ser inferior a 1.500 € (IVE excluído).

3.3. Servizos dun xestor de redes sociais. A axuda consistirá nun tícket para a xestión de redes sociais, no marco do Programa de Social Commerce que se vai desenvolver en colaboración coa Federación Galega de Comercio durante o ano 2017.

INTENSIDADE DA AXUDA

A intensidade de axuda para estas actuacións será do 100 % calculándose a axuda sobre o custo real subvencionable do investimento determinado no correspondente proxecto técnico ou no anexo XIII, segundo sexa o caso.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes remata o 13 de xullo de 2017.