— Contratación por cuenta ajena parados larga duración (hasta 30 septiembre)

Agaca
Por Agaca abril 11, 2017 11:24

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

 

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar el resumen de la Orden en “Documentación”(formato PDF, gallego) y la Orden completa en el enlace “Web”, en español

ORDE do 21 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de longa duración, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017. Consellería De Economía, Emprego E Industria. DOG Nº 68, 06/04/2017

OBXECTO E FINALIDADE

Coa finalidade de favorecer o emprego estable e facilitar a inserción laboral dos parados e paradas de longa duración que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo, esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2017 dos incentivos á súa contratación por conta allea (procedemento TR349R).

ENTIDADES BENEFICIARIAS

1. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídos autónomos e autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten por conta allea persoas traballadoras desempregadas de longa duración, para prestar servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que se cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para os distintos tipos de axudas e non incorran nas circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

ÁMBITO TEMPORAL DE APLICACIÓN E CONTRATACIÓNS SUBVENCIONABLES

Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións indefinidas iniciais realizadas con persoas desempregadas paradas de longa duración que se formalicen desde o día 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017, ambas inclusive.

A contratación indefinida inicial poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo descontinuo.

Persoa desempregada  parada  de  longa  duración: para os efectos desta orde entenderase por persoa desempregada de longa duración aquela de 45 ou máis anos de idade, que na data da súa alta no correspondente réxime da Seguridade Social estea sen traballo e acredite un período de inscrición como desempregada no Servizo Público de Emprego de, polo menos, doce meses durante os dezaoito meses anteriores á súa contratación.

CONTÍA DOS INCENTIVOS

    1. As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de 10.000 euros.Esta contía incrementarase nun 25% nos seguintes casos:

a)

        Se a persoa incorporada é unha muller.

b) Se a persoa incorporada ten discapacidade ou se atopa en situación ou risco de exclusión socia.
c) Se a persoa incorporada pertence a unha unidade familiar en que todos os seus membros están desempregados.
d) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rura

  1. Cando se trate de contratacións indefinidas cunha xornada a tempo parcial, as contías dos incentivos serán proporcionais ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, da xornada ordinaria máxima lega
  2. No caso de que a empresa conte no seu cadro de persoal no mes da contratación pola que se solicita subvención cun mínimo do 75 % de persoal indefinido, as contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de 12.500 euros.Esta contía incrementarase nun 25% nos seguintes casos:

    a)

        Se a persoa incorporada é unha muller.

    b)

        Se a persoa incorporada ten discapacidade ou se atopa en situación ou risco de exclusión socia.

    c)

        Se a persoa incorporada pertence a unha unidade familiar en que todos os seus membros están desempregado.

    d)

      No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.
  3. Cando se trate de contratacións indefinidas cunha xornada a tempo parcial, as contías dos incentivos serán proporcionais ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, da xornada ordinaria máxima legal.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  1. As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2016 e a data da publicación desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde (6 de xullo 2017). Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día seguinte ao da publicación e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo expira o último día do mes.
  2. 2. As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida pola que se solicita subvención. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
  3. O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2017, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado nos parágrafos anteriores.