A inestabilidade do sector gandeiro, a aposta pola integración e as alianzas cooperativas, o reforzo da cultura empresarial e a continuidade das iniciativas sociais, temas centrais na 28º Asemblea Xeral de AGACA

Agaca
Por Agaca mayo 27, 2016 17:49

ACTIVIDADES

mayo 2018

REVISTA AGACA

  • portada

    Cooperación Galega Nº 137 Marzo 2018

    Editorial- O Plan forestal de Galicia a debate
    A Fondo- Cooperativas galegas apostan polas gasolineiras automáticas
    Caderno Técnico- Escolma do borrador da primeira revisión do Plan Forestal de Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

A inestabilidade do sector gandeiro, a aposta pola integración e as alianzas cooperativas, o reforzo da cultura empresarial e a continuidade das iniciativas sociais, temas centrais na 28º Asemblea Xeral de AGACA

  • Co fin de incidir no apoio á cultura e tradición agrogandeira da nosa terra, o acto desenvolveuse no Museo do Pobo Galego.
  • O presidente de AGACA, José Montes avogou por tomar conciencia do poder intrínseco do sector.
  • O director xeral de Cooperativas Agro-alimentarias de España, Agustín Herrero, estivo presente para coñecer directamente a natureza da realidade das cooperativas agrogandeiras de Galicia e defender, ante os organismos estatais e internacionais correspondentes, solucións axeitadas.
  • O técnico Mario Redondo expuxo as claves do proxecto europeo Sucellog, no que participa AGACA, cuxa finalidade é promover a participación do sector agrario na subministración sostible de biomasa en Europa.
  • O letrado Miguel Viteri informou das novidades lexislativas aplicadas á responsabilidade penal das persoas xurídicas.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2016.- O Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, foi o escenario no que os representantes das cooperativas agroalimentarias galegas se reuniron hoxe para participar nesta Asemblea onde se aprobaron as contas anuais e se expuxeron as actividades e resultados económicos relativos a 2015. A xuntanza transcorreu con total normalidade.

O Consello Reitor de AGACA evidenciou unha especial preocupación polas difíciles circunstancias que están vivindo os subsectores de leite, vacún de carne, cunícola e porcino que provocaron, en 2015, unha recesión no volume de facturación das cooperativas de menor tamaño, próxima ao 10%. Precisamente o día anterior, no transcorrer da Asemblea Xeral de Cooperativas Agro-alimentarias de España, os dirixentes desta entidade e de AGACA departiron con representantes do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente e coa propia ministra, Isabel García Tejerina, sobre as circunstancias que atravesa o sector, efectuando unha petición de apoio expreso aos gandeiros de vacún leiteiro.

O presidente de AGACA, José Montes, alentou a tomar conciencia de que “somos un grupo moi forte, moi poderoso, con moitos recursos na man, querendo aproveitalos dun xeito razoable”

Entre as actividades a desenvolver en 2016 destacan a grande aposta pola integración e o reforzo das alianzas entre cooperativas; a continuidade dos traballos en prol do afianzamento dunha cultura empresarial cooperativa profesionalizada, innovadora, socialmente responsable e competitiva economicamente para o que resulta indispensable investir en formación. Neste punto informouse, polo miúdo, do labor que está a realizar AGACA, como entidade líder dun proxecto, a nivel de Europa, orientado á formación das persoas formadoras.

Socialmente, entre outras, terán continuidade as diferentes accións vinculadas ao empoderamento da muller dentro das cooperativas, impulsando unha maior participación activa nos órganos directivos, ás saídas profesionais para persoas novas vinculadas profesionalmente ao cooperativismo e ao envellecemento activo, seguindo pautas e técnicas impartidas por profesionais especializados, coidando especialmente a atención aos nosos maiores e mellorando en calidade de vida.

O avogado Miguel Mª Sáenz de Viteri abordou a entrada en vigor da Lei Orgánica 1/2015 de Reforma do Código Penal pola que se incrementan os riscos penais aos que se enfrontan ás persoas xurídicas (cooperativas, SAT…) , dado que a nova normativa obrígaos a adoptar requisitos e procedementos determinados para non seren obxecto de responsabilidades a efectos penais.

Mario Redondo, técnico da Asociación, informou da progresión e alcance do proxecto europeo de innovación Sucellog, centrado nun concepto de loxística apenas explotado: a implementación de centros loxísticos de biomasa nas agroindustrias como complemento á súa actividade habitual; é dicir, que as instalacións destas industrias poderían empregarse, nos momentos de inactividade, para manexar e pretratar a materia prima procedente de residuos para producir biomasa sólida de alta calidade que poida competir no mercado.

Pola súa parte, Agustín Herrero, director xeral de Cooperativas Agro-alimentarias deEspaña,  remarcou a necesidade de orientarse cara a cooperativas máis fortes, dimensionadas, potentes, que traballen con grandes volumes, con capacidade para superar as posibles resistencias e inimigos:  “Deben ser cooperativas ben xestionadas” afirmou, animando a “percorrer este camiño, longo, que as cooperativas do norte de Europa xa percorreron antes”, alcanzando dimensións de grandes multinacionais e converténdose, incluso, en competidores.

“Anímovos a percorrer o camiño e unirse; será a mellor forma de servir aos nosos socios”, asegurou o director xeral de Cooperativas Agro-alimentarias de España, que quixo aproveitar este evento para achegarse a Galicia e coñecer, en persoa, a realidade das cooperativas da Comunidade.

Ao remate da Asemblea, os asistentes realizaron unha visita guiada polas instalacións do Museo, promovendo así o coñecemento e lembranza das propias raíces.

Agaca
Por Agaca mayo 27, 2016 17:49
Escriba un comentario

No hay comentarios

Aún no hay comentarios.

Déjame contarte una historia triste. No hay comentarios aún, pero puede ser primero para comentar este artículo.

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*