José Montes recolleu onte o premio “Liderazgo Empresarial”

Agaca
Por Agaca noviembre 22, 2016 12:52

ACTIVIDADES

abril 2020

REVISTA AGACA

  • 146-portada-revista-wb

    Cooperación Galega Nº 146 Decembro 2019

    Editorial: Sustentabilidade de cooperativas
    A fondo: AGROSMARTglobal para vender en China e Estados Unidos
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario (parte II)

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Montes, presidente da láctea Feiraco, recolleu o galardón de mans do presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo.
  • A Confederación de Empresarios de La Coruña outórgalle o recoñecemento polo súa contribución “inestimable ao progreso de Galicia».

20161121_premio_liderazgo_empresarial_montes-2Onte entregouse a José Severino Montes, presidente de Feiraco, o X Premio Liderazgo Empresarial en Oleiros. O galardón, que concede o Comité Executivo da Confederación de Empresarios de La Coruña tendo en conta cuestións como a creación de emprego, contribución ao PIB galego e á rendibilidade empresarial, recoñece o labor de Montes como “xestor eficaz” e a súa implicación co cooperativismo. É a primeira vez que unha personalidade relacionada o sector agrogandeiro resulta premiada.

Durante a recollida do premio, o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo destacou a capacidade de “adaptar o tradicional ao moderno” de Feiraco mentres que o presidente da patronal coruñesa, Antonio Fontenla, recoñecía a “pegada imborrable” da cooperativa en Galicia así como a relevancia do sector lácteo na Comunidade.

Pola súa banda, o premiado aludiu á necesidade de unirse e innovar para o avanzamento do sector lácteo galego dentro do panorama nacional e rememorou os valores aprendidos durante a infancia e xuventude para promover a colaboración e motivación das persoas para lograr obxectivos.

Ademáis de presidir Feiraco, Montes é presidente da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, vicepresidente primeiro da Confederación Empresarial Española de la Economía Social (CEPES) e vicesecretario de Cooperativas Agro-alimentarias de España.

22/11/2016

Agaca
Por Agaca noviembre 22, 2016 12:52
Escriba un comentario

No hay comentarios

Aún no hay comentarios.

Déjame contarte una historia triste. No hay comentarios aún, pero puede ser primero para comentar este artículo.

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*